Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

O COTSG é un instrumento de comunicación e prestación de servizos, tanto para as traballadoras e traballadores sociais como para a cidadanía
981 568 100

Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

O Colexio Oficial de  Traballo Social de Galicia, colabora con SQUARE patrocinando 5 “DIÁLOGOS CORRESPONSABLES”, que da súa man, organizaremos en diferentes cidades galegas no ano 2016.

Esta importante entidade nace para ser un  instrumento de comunicación, información, documentación e prestación de servizos,  tanto para as traballadoras e traballadores sociais como para a cidadanía.

Como representante da profesión en Galicia o Colexio asume un gran compromiso, non só coas persoas colexiadas, senón co conxunto da sociedade galega: traballar en prol duns servizos sociais públicos e de calidade, accesibles para toda a cidadanía.

No ámbito interno, o Colexio vela pola boa práctica profesional e polo cumprimento do código deontolóxico;  cara ao exterior, e como representante do colectivo especializado na acción social, asume un papel activo como axente do cambio social.

Este compromiso é o alicerce sobre o que se fundamenta a labor do Colexio, apoiando ás traballadoras e aos traballadores sociais  no seu labor, por medio da formación, do asesoramento e da colaboración como fórmulas de desenvolvemento profesional, para contribuír ao logro dos obxectivos en materia social da nosa profesión.